Cidades inglesas a través do fútbol
O obxectivo desta actividade é que os alumnos profundicen un pouco máis na xeografía inglesa. Por este motivo, neste exercicio deberanse atopar diversas cidades inglesas tomando como referencia os equipos de fútbol de ditas cidades que xogan na Premier League.
Cidades de UK a través do fútbol
«http://http://www.purposegames.com/game/teams-in-the-premier-league-quiz/info»
Inglés con escenas de peliculas e cancións
Neste video podemos practicar inglés escoitando unha canción de Coldplay. O obxectivo desta práctica é intentar anotar o máximo número de palabras posibles nunha primeira escoita, e ir construindo frases enteiras e incluso estrofas con posteriores escoitas.
Viva la Vida – Aprende inglés con Coldplay
Para practicar e repasar o pasado simple en inglés, proponse escoitar a canción de Coldplay «Viva la Vida», onde se pode comprobar o uso da construcción «used to».
Exercicios para aprender inglés
Nesta nova ligazón imos atopar unha serie de exercicios on-line (con autocorrección) para mellorar o uso do inglés, e poder practicar tamén dende a casa, o aprendido nas aulas.
aprender inglés con cancións
O obxectivo da utilización deste blogue é buscar unha alternativa ós clásicos libros de texto, para que os alumnos poidan aprender inglés de maneira máis amena ou divertida. Por esta razón, considero moi interesante a práctica do idioma con todo tipo de cancións (pop, rock, etc), xa que así os rapaces, á vez que aprenden, poden comprobar como iso que aprenden ten aplicacións reais, ademáis de aprenderen, non só o nivel de inglés culto que aparece nos libros de texto, senón que estarán en contacto cun inglés máis coloquial e por tanto, máis cercano a eles.
